Asociación Compostelá de esclerosis múltiple, párkinson e ela.
De cada inscripción destinamos 1€ para Acem.
A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA, outras enfermidades neurodexenerativas e enfermidades raras (ACEM) é unha organización sen ánimo de lucro creada en 1995 co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por estas enfermidades, así como a dos seus familiares e persoas coidadoras. En 2007 foi recoñecida como entidade de Utilidade Pública.
ACEM ten 30 anos de experiencia co colectivo de persoas con discapacidade e dependencia. No seu Centro de Rehabilitación Integral de Santiago, ACEM ofrece atención multidisciplinaria e integral, paliativa e preventiva a través dun Programa de Rehabilitación integral que é posible grazas a unha ducia de profesionais sociosanitarios que prestan os servizos de fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional, atención psicolóxica, preparación física, dietética e nutrición, ademais de educación e integración social, asesoramento xurídico e traballo social.
A entidade tamén leva a cabo actividades complementarias como pilates, golf adaptado e artes plásticas, diversos obradoiros e seminarios, actividades de dinamización e integración social e accións de divulgación e de sensibilización.
Podes colaborar con ACEM e axudar a mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidades neurodexenerativas da túa zona: esclerose múltiple, párkinson e ELA.
IBAN
ES66 2100 2186 9502 0011 6714
BIZUM
Código 04099
En “Enviar donación” introduce o código 04099 que está asociado a “Campaña solidaria ACEM”.
As doazóns desgravan, podes solicitar en ACEM o teu certificado.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.