Esta é unha marcha pensada para todos os públicos, de aí a súa definición de non competitiva. Non se realizará control de tempos, e a intención é que cada persoa que o realice poida ter unha xornada de ciclismo agradable e sen abafos por medirse co reloxo, gozando da contorna e da compañía nun roteiro con todo tipo de terreos. Non é necesario presentar xustificantes médicos, pero cada cal debe valorar a súa capacidade persoal para superar unha proba da distancia e metros acumulados da Eurovelo. Insistimos, é para todos os públicos, pero cada cal debe ser consciente das súas capacidades e limitacións. De feito, o equipo médico da organización terá potestade para retirar a calquera participante da marcha cando se considere que a súa saúde está en perigo.
Na mesma zona de meta/saída, tes un aparcamento público de pago (Aparcamento de Xoán XXIII).
Pendente de confirmar, tamén dispoñeredes dunha zona de aparcamento na proximidade ás facultades de Filoloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago
Tamén podes tentalo na Praza dá Música, diante do Auditorio de Galicia
A 5 minutos tamén tedes outro aparcamento público de pago, o Aparcadoiro da Catedral
Estamos en Galicia e o equipo de organización faremos sentida homenaxe das nosas avoas, seres míticos para quen nunca había comida abasto, nin roupa de abrigo suficiente. Por tanto, a túa inscrición dáche dereito a:
. Dorsal (lóxico!)
. Café na liña de saída para axudar co quecemento previo
. Avituallamientos sólidos e líquidos:
. 2 sólido/líquido en Touro e O Pino . Líquido en zona de meta
. Mención a parte merece a nosa bolsa de corredor que non é que veña cun cheque ao portador de 8.000 euros, … bo para algunha persoa, si!:
. Participación no sorteo dunha bicicleta valorada en 8.000€, entre as persoas que tomen a saída
. Camisola Ottobosley (as persoas rexistradas a partir do 1/5/25 non terán dereito a reserva de talla) . Calcetíns Maldita Boa Sorte
. 1 xel Fanté
. Mini torta de Santiago (mellor reservala para a chegada)
A nosa recomendación é que o día anterior á proba, o sábado 14 de xuño na avenida Xoán XXIII,, zona de saída e meta da proba. Basicamente porque resultará máis cómodo para ti e evitarás présas de última hora.
Ademais, para o sábado, está prevista a Feira da Bici, pensada para todos os públicos, xa que é probable que non che despraces a Santiago só, senón en familia ou coa grupeta. O plan é o seguinte:
. Desde as 16.00 ata a 20.00 Feira da bici en Xoan XXIII. Recollida de dorsais.
. A partir dos 18.00 xogos de habilidade en bicicleta (xincana) para nenas e nenos de ata 12 anos. Os participantes deberán vir coa súa bici e casco
. Ás 20.00 charla coloquio con exciclistas profesionais galegos e co ciclista convidado á marcha Se o deixas para o último momento, non hai problema, porque o domingo 15 podes recoller a bolsa en horario de 7.30 a 8.45.
A ver, estás en Santiago e as posibilidades son múltiples. O ideal é que planifiques o teu desprazamento. En calquera caso, desde a zona de saída/meta en Xoán XXIII tes a zona vella a 2 minutos. E a partir de aí, ti decides, aínda que o noso consello é que combinases gastronomía e cultura. Deixámosche un par de web para que consultes:
Hai dúas posibilidades:
. A máis próxima, á beira da zona de meta, é no Pabellón Lorenzo da Torre:
. E a pouco máis de 10 minutos andando, o Complejo Deportivo Santa Isabel
Non, en Santiago e a súa comarca non sempre chove. E aínda que estás nunha zona onde a choiva é arte, para o 15 de xuño a choiva ou o mal tempo non debería ser un impedimento para gozar dunha xornada de bici agradable. En días previos, podes consultar as túas aplicacións meteorolóxicas de referencias. Se non as tes, aconsellámosche que botes unha ollada a:.
. MeteoGalicia . Nesta web tes a posibilidade de consultar a predición por concellos
A persoa que se inscribe está obrigado a ter unha licenza federativa expedida por unha federación ou organismo afiliado á UCI.
Pero como sempre hai solución para todo, se non a tes coa inscrición podes subscribir unha licenza dun día (e que ten un custo de 12,00 euros a maiores da inscrición), que inclúe o seguro proporcionado pola Federación Galega de Ciclismo.